Publicador de contidos

Publicador de contidos

Retencións quilométricas na AP-9 á saída da Coruña por un accidente en Cambre

Retencións quilométricas na AP-9 á saída da Coruña por un accidente en Cambre

Hai tres vehículos implicados por alcance e non se rexistraron feridos

G24.gal 03/11/2026 09:50 Última actualización 03/11/2026 10:10

Un accidente de tráfico rexistrado ás 8:35 horas da mañá deste martes na AP-9, á altura do municipio de Cambre, deixa retencións de sete quilómetros na saída da cidade da Coruña en dirección Vigo.

A Garda Civil informa de que son tres os vehículos implicados no sinistro viario por alcance e que non se rexistraron feridos. Os labores de retirada dos vehículos ocasionan que a circulación sexa lenta neste tramo da autoestrada. O carril dereito está cortado.

O 112 Galicia informa de que o sinistro tivo lugar á altura de Pravio, en Cambre. O 061 chegou a enviar unha ambulancia ata o lugar para atender posibles feridos. Foron avisados a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local de Cambre e servizos de mantemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade