Loky, un can de Ferrol, é un dos mellores rescatadores de Europa
Acaba de facerse co título de campión en estruturas colampasdas nos Xogos Europeos de Policía e Bombeiros celebrados en Vigo
A unidade de Cans de Salvamento de Galicia que adestra e ten sede en Ferrol acaba de conseguir unha nova medalla. Loky, un pastor alemán de 4 anos e o seu guía Sergio acaban de facerse co ouro en estruturas colapsadas. Un título que conseguiron en Vigo nos últimos Xogos Europeos de Policía e Bombeiros e que os converte nos mellores rescatadores de Europa.
Loky é fillo dunha parella de campións. Son Thor e Anca. Thor ten a excepcionalidade de atoparen 4 persoas, algo moi difícil na vida dun can guía. El e outros cans adestran en Ferrol, na sede de Casaga, horas que pasan altruistamente os 11 membros da Unidade de Cans de Salvamento de Galicia.