Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta asegura que a Comisión Europea elevará "a curto prazo" á xustiza europea o ditame sobre a prórroga da AP-9

A Xunta asegura que a Comisión Europea elevará "a curto prazo" á xustiza europea o ditame sobre a prórroga da AP-9

A conselleira espera que o Goberno central convoque o encontro bilateral solicitado polo Parlamento de Galicia para abordar o traspaso desta infraestrutura

G24.gal 04/11/2026 19:39 Última actualización 04/11/2026 20:26

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, anunciou este mércores en Bruxelas que a Comisión Europea elevará "a curto prazo" ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) o ditame sobre a nulidade da prórroga da concesión da autoestrada AP-9.

Tras reunirse cos servizos xurídicos da institución comunitaria, Allegue, segundo explica a Xunta nun comunicado, expresou a súa preocupación polo contido dese ditame e pola resposta remitida polo Goberno central, documentos de carácter confidencial.

Também censurou que o Executivo estatal continúe sen fixar a data para a reunión bilateral con Galicia sobre o traspaso da autoestrada, tras non responder a ningunha das tres propostas de calendario que se formularon desde a comunidade.

Durante a súa xornada na capital europea, a titular de Infraestruturas mantivo tamén un encontro de traballo co eurodeputado e relator de vivenda na Eurocámara, Borja Giménez, co obxectivo de abordar o novo Marco Financeiro Plurianual 2028-2034.

Allegue reivindicou a necesidade de reforzar as partidas comunitarias destinadas á vivenda para soster e acelerar a promoción de parque público e protexido en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade