Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous falecidos ao bater un vehículo contra unha furgoneta de conservación na A-6 en Lugo

Dous falecidos ao bater un vehículo contra unha furgoneta de conservación na A-6 en Lugo

O sinistro produciuse no punto quilométrico 493 desta vía en sentido A Coruña 

Un dos vehículos comezou a arder, o que obrigou aos servizos de emerxencias a cortar a autovía

directo Accidente na A-6 ao seu paso por Lugo
G24.gal 05/08/2026 18:49 Última actualización 05/08/2026 19:50

Dúas persoas perderon a vida este mércores tras bater o vehículo no que circulaban contra unha furgoneta de conservación de estradas na autovía A-6, ao seu paso por Lugo.

O sinistro produciuse pouco antes das 16.45 horas no punto quilométrico 493 desta vía en sentido A Coruña. Con motivo do choque, un dos vehículos comezou a arder, o que obrigou aos servizos de emerxencias a cortar a autovía.

Ata o lugar desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Lugo, que traballaron na extinción das chamas dun dos vehículos implicados, ademais de efectivos do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico e de mantemento da vía.

Accidente na A-6 ao seu paso por Lugo Accidente na A-6 ao seu paso por Lugo
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade