Cargando resultados...
Rescatado o corpo sen vida dunha persoa en Lobios
A vítima foi localizada nunha zona rochosa, de difícil acceso e cun gran desnivel nas inmediacións do río Limia
Arquivo
G24.gal
22/09/2026 08:40
Rescatado o corpo sen vida dunha persoa en Lobios. Segundo o 112 Galicia, o home atopábase sobre unhas rochas na beira do río Limia, nun desnivel e sen acceso sinxelo situado na parroquia de Torno.
Foi precisa a intervención de medios de rescate para conseguir chegar ata el.
Trasladáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos GES de Lobios e Muíños e axentes da Garda Civil.
Nada se puido facer por salvarlle a vida.