Publicador de contidos

Publicador de contidos

Choca contra varios coches e intenta, sen éxito, fuxir do lugar do accidente

Choca contra varios coches e intenta, sen éxito, fuxir do lugar do accidente

Sucedeu en Chantada a comezos de mes

O condutor deu positivo en alcoholemia

G24.gal 16/09/2026 09:35

Aconteceu a noite do sábado 5 ao domingo 6 de setembro na avenida Monforte de Chantada. Un coche acaba de impactar contra catro vehículos aparcados na beirarrúa. Os veciños gravan a escena e comezan a increpar o condutor: "Desvergonzado!" "Quieto aí, que vai chamar a Garda Civil". 

Alleo aos insultos, o condutor intenta botar a andar, a pesar do golpe que ten no frontal do vehículo. Ao pouco, o coche apágase: "Dálle gas!". 

Os dous ocupantes do coche baixan, con certa dificultade, para avaliar os danos... pero só os do seu vehículo, ante a indignación das testemuñas. 

Un veciño cun móbil achégase a gravar in situ a escena.  "Vós a onde ides? Mira como puxestes os coches todos, e a onde ides? Desvergonzados!".
 "Chama a Garda Civil. Agora mesmo. O que non sabe beber, ten que pagar".

O condutor deu positivo na proba de alcoholemia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar