Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un accidente con tres motos implicadas deixa un ferido grave en Oroso

Un accidente con tres motos implicadas deixa un ferido grave en Oroso

Un helicóptero medicalizado trasladou ao ferido

G24.gal 14/09/2026 20:38

 Un sinistro en Oroso (A Coruña) no que se viron implicadas tres motos saldouse cun dos motoristas ferido. Un helicóptero medicalizado trasladou ao ferido.

Segundo informa o 112, sobre as 17,45 horas deste luns, o servizo galego de emerxencias recibía a través do sistema de alerta 'e-call' un aviso por un accidente en Oroso.

Sucedía á mesma hora que privado de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 contactaba cos xestores de emerxencias para informar da saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago cara a Oroso, debido a un accidente ocorrido entre motos, na entrada da AP-9, quilómetro 56, dirección Coruña.

Con estes datos, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos axentes de Tráfico, da Policía Local, dos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade, do persoal da autoestrada, así como, dos bombeiros de Ordes e de Santiago.

Unha vez no punto, os profesionais sanitarios confirmaron a evacuación dun dos motoristas no helicóptero.

Así mesmo, os axentes de Tráfico comunicaron ao 112 Galicia que se tratou dun accidente con tres motocicletas implicadas, un dos motoristas resultou ferido de gravidade e os outros dous resultaron ilesos, aínda que un deles prevía acudir ao centro de saúde polas molestias que presentaba. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade