Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferida grave unha septuaxenaria nun atropelo na Coruña

Ferida grave unha septuaxenaria nun atropelo na Coruña

Foi evacuada o Chuac logo de ser examinada nun primeiro momento por efectivos sanitarios que se atopaban na zona atendendo outra persoa, segundo algunhas testemuñas

Momento en que a muller é atendida polos servizos sanitarios no lugar do sinistro Momento en que a muller é atendida polos servizos sanitarios no lugar do sinistro
G24.gal 14/09/2026 19:37

Unha muller duns 70 anos sufriu feridas de gravidade nun atropelo que tivo lugar pasada a unha da tarde na rúa Manuel Murguía da Coruña. O sinistro tivo lugar na zona de entrada de autoridades do estadio de Riazor. Algunhas testemuñas sinalaron que a muller foi embestida por un vehículo cando cruzaba a rúa.

Segundo estas mesmas testemuñas, a septuaxenaria foi examinada nun primeiro momento por efectivos sanitarios que xa estaban nese mesmo lugar, atendendo unha persoa que estaba tendida na rúa xusto. Logo dunha primeira avaliación no lugar do sinistro, a muller foi evacuada o Chuac.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos