Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un membro de Protección Civil de Ponteareas resulta ferido tras ser atropelado

Un membro de Protección Civil de Ponteareas resulta ferido tras ser atropelado

Foi alcanzado por un vehículo na rúa da Virxe dos Remedios cando formaba parte do dispositivo de seguridade dunha proba ciclista da localidade

Emerxencias de Ponteareas. Imaxe de arquivo Emerxencias de Ponteareas. Imaxe de arquivo
G24.gal 13/09/2026 16:28

Un membro de Protección Civil de Ponteareas quedou ferido tras ser atropelado mentres formaba parte do dispositivo de seguridade dunha proba ciclista que se celebraba na localidade.

Minutos antes das 14:30 horas, un particular alertou o 112 Galicia de que un membro de Protección Civil de Ponteareas fora alcanzado por un vehículo na rúa da Virxe dos Remedios, no núcleo da localidade, cando formaba parte do dispositivo de seguridade da proba.

Nun primeiro momento foi evacuado ao punto de atención continuada, mais finalmente trasladárono ao hospital Álvaro Cunqueiro para facerlle unha valoración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade