Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un home de 52 anos despois de ser atropelado en Cambados

Morre un home de 52 anos despois de ser atropelado en Cambados

O accidente produciuse ás 21:00 horas e foi notificado pola persoa que viaxaba no vehículo implicado

A vítima paseaba o can por esta pista na zona de Corvillón onde foi atropelado
G24.gal 09/09/2026 08:04 Última actualización 09/09/2026 14:33

Un home faleceu este martes despois de ser atropelado nun camiño situado na parroquia de Corvillón, en Cambados.

O accidente produciuse ás 21:00 horas e foi notificado pola persoa que viaxaba no vehículo implicado. Segundo indicou durante a chamada, o peón sufriu un golpe na cabeza e o seu estado era grave.

O Centro Integrado de Atención e Emerxencias solicitou a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local mais os membros do Servizo Municipal e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cambados. 

A pesar dos intentos por salvárenlle a vida, os servizos de emerxencias confirmaron o falecemento do home no lugar do accidente, según o confirmou o alcalde da vila, Samuel Lago, que acudiu ao lugar do accidente e foi testemuña dos intentos dos servizos de emerxencia por reanimar ó falecido

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade