Aparecen pinturas no mosteiro de Ferreira de Pantón agochadas pola cal e a humidade
Vania López foi a restauradora encargada de recuperar as pinturas do século XV
Durante anos, as persoas que chegaban a Ferreira de Pantón, vían humidades na cabeceira do mosteiro do Divino Salvador. Para moitos, non era nada, pero outros intuían que a cal e a humidade ocultaban algo...unhas pinturas do século XV. Foi entón, cando comezaron a traballar.
"Era coma unha reacción dos pigmentos ca cal e intuíanse unhas manchas baixa as capas de cal onde apareceron as pinturas. Foi un proceso moi laborioso xa que teñen que eliminarse todas as capas co bisturí, mecanicamente", comenta a resaturadora Vania López.
E despois de tres meses de traballo, confirmáronse as sospeitas.
"Na parte central podemos ver o Pantocrátor e os laterais forman unha escena que sería a anunciación. Do lado esquerdo esta o anxo e ao dereita a virxe co espírito santo en forma de pomba", comenta tamén a restauradora.
Os que coñecen o templo dende fai anos aplauden o cambio.
"E verdadeiramente moi bonito. O cambio de pasar do cal as pinturas é moi significativo".
A rehabilitacion foron pagados por unha muller da zona que xa costeara outros traballos. Agora, están a realizar visitas guiada para que todo o mundo poda descubrir o que durante tantos anos estivo agochado pola cal e a humidade.