Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Universidade pide axuda para poder rehabilitar o Colexio Maior San Clemente

A Universidade pide axuda para poder rehabilitar o Colexio Maior San Clemente

O desprendemento de parte da fachada acende as alarmas entre a comunidade educativa

O estudantado leva anos denunciando a progresiva deterioración das instalacións pero tamén dos viais e das beirarrúas

Operarios limpaban esta mañá restos do despredemento do edificio
G24.gal 09/09/2026 14:16

Preocupación no Campus Sur de Santiago. O derrubamento de parte da fachada do edificio do Colexio Maior San Clemente reaviva o debate sobre o mantemento das instalacións. Pechado desde hai anos, esta antiga residencia universitaria amenceu completamente valada e os operarios aínda limpaban esta mañá os restos dos cascallos ante a preocupada mirada da comunidade educativa. 

Un SOS que o equipo de goberno traduce en números. O esforzo para levantar a nova Facultade de Farmacia deixou as arcas tocadas. A rehabilitación deste edificio supera os 5 millóns de euros. Un investimento extraordinario que, din, non poden asumir en solitario. Chaman ás portas das administracións públicas, pero de momento, as portas permanecen pechadas. 

Mentres o debate político segue bloqueado nos despachos, a comunidade estudantil avisa que isto só é a punta do iceberg. Máis aló dos valos do San Clemente identifican outros problemas.  Fochancas no asfalto e treitos enteiros de beirarrúas levantadas polas raíces das árbores completan unha foto á que non lle sentou nada ben o paso do tempo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade