Cargando resultados...
Atopan con vida a muller de 76 anos desaparecida en Toén
A muller, que padece demencia, faltaba da casa desde o domingo
G24.gal
14/09/2026 20:15
O amplo dispositivo de busca conseguiu atopar con vida a muller de 76 anos de Toén que estaba desaparecida desde o domingo. Cando a atoparon, na tarde deste luns, a muller que padece demencia, estaba en aparente bo estado.
Ao operativo coordinado pola Garda Civil e no que tamén participaba Protección Civil de Barbadás, incorporáronse cans de rastrexo e tamén os drons da Axencia Galega de Emerxencia.
As tarefas centráronse entre a zona Moreiras (Toén), lugar do que desapareceu, e Santo Benito de Cova de Lobo (Barbadás).