Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os drons da Axega incorpóranse á busca dun octoxenario en Carnota

Os drons da Axega incorpóranse á busca dun octoxenario en Carnota

O home saíra a dar un paseo pola zona de Caldebarcos, en San Mamede (Carnota), e non regresou

Juan Antonio Gil Canós, desaparecido en San Mamede, Carnota. Juan Antonio Gil Canós, desaparecido en San Mamede, Carnota.
G24.gal 13/09/2026 18:59

A Unidade Operativo de Drons do Grupo de Apoio Loxístico e Intervención (GALI) da Axega incorporáronse ao operativo de busca dun octoxenario que falta desde a mañá deste domingo.

Foi un familiar quen chamou ao 112 Galicia sobre as 14 horas para explicar que saíra a dar un paseo pola zona de Caldebarcos, en San Mamede, Carnota, e que non regresara.

De inmediato, informáronse os axentes da Garda Civil, que coordinan o operativo, o GES de Muros, á Policía Local e os voluntarios de Protección Civil de Carnota.

O home ten unha complexión delgada, é alto, de pelo canoso, vestía unha camisa azul de manga longa, pantalón beige, gorro e chanclas

Ante calquera información ou avistamento, por favor, contacten urxentemente cos servizos de emerxencia ou as autoridades locais.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade