Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúas persoas feridas graves tras chocar un coche e unha furgoneta en Ourense

Dúas persoas feridas graves tras chocar un coche e unha furgoneta en Ourense

O suceso tivo lugar diante do Carrefour da estrada N-525

G24.gal 13/09/2026 19:42

Dúas persoas quedaron feridas graves tras sufrir un accidente de tráfico onde un coche e unha furgoneta bateran no quilómetro 236 da N-525, en Ourense.

O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular, pasadas as 18:30 horas

Varios alertadores máis deron conta do acontecido nos momentos posteriores e explicaron que podía haber persoas atrapadas.

O acccidente deixou dúas persoas feridas graves, ambas foron trasladas ao hospital de referencia.

No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros e a Policía Local de Ourense, así como os operarios de mantemento da estrada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos