Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mellorar a calidade de vida con exercicio e o apoio dun adestrador persoal

Mellorar a calidade de vida con exercicio e o apoio dun adestrador persoal

A clientela é maioritariamente feminina e busca supervisión, adaptación dos exercicios e confianza

Os adestradores adáptanse a todas as idades e necesidades fisiolóxicas dos seus clientes

G24.gal 13/09/2026 17:19

A volta á rutina trae un compromiso cos bos propósitos: coidarse máis, poñerse en forma e recuperar hábitos que se perderon co bo tempo.
Os adestradores persoais son a escolla, fundamentalmente, de moitas mulleres que non encontran o seu espazo nun ximnasio compartido e sen supervisión.

Os exercicios, as máquinas e as series que despedimos coa chegada do verán están agardando por nós para retomar a vida saudable. O adestrador que sabe das lesións que temos e como podemos recuperar a forma sen perder os folgos volve aparecer na nosa axenda semanal. 

"Estamos cualificados para planificar, programar, levar un control tanto de cargas como de adaptación de exercicios. Tamén para saber facer unha boa progresión: imos empezar por un exercicio máis sinxelo, despois imos complicalo máis", explica o adestrador persoal David López.

"Ao ser individual contrólame moito máis as posturas. Tes máis corrixido o movemento corporal e as recuperacións", asegura Montse Veiras, que leva máis de dous anos adestrando con David

A motivación fundamental nestes centro é a mellora da saúde. A inmensa maioría da clientela son mulleres.

"Empecei con el despois dun resultado médico. Ademais de tomar medicación tiña que tomar outras medidas pola miña conta: exercicio e alimentación. Hai movementos que eu antes non podía facer como era agacharme e levantarme e agora podo. Iso é calidade de vida", di Montse

"Elas prefiren estar moito máis controladas no exercicio e se van ao ximnasio non saben que facer"

Canda quen ten a súa meta, e non sempre son as dominadas ou os burpees.

"A xente maior o que busca é mellorar a calidade de vida ou prevención de lesións debido a caídas. Non traballan con altas cargas fóra de aquí, pero si que queren sentirse máis cómodos levando unha bolsa da compra, que non teñan que parar cada dous por tres. Que non lles doia o pescozo ou o ombreiro."

Ás veces é suficiente con manter a masa muscular, o equilibrio e ver que se avanza algo cada día.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade