Amantes dos cadernos de viaxes volven encontrarse na zona vella de Santiago
O Encontro Internacional de cadernos de viaxe reúne profesionais e afeccionados para encher as rúas de arte
Ademáis das sesións de pintura ao aire libre organizaron obradoiros, coloquios ou demostracións ao vivo
Os participantes en Compostela Ilustrada reúnenese en sesións de debuxo e pintura en lugares emblemáticos da cidade como a praza de abastos a de Praterías ou a Alameda.
O encontro naceu en 2016 para crear un espazo en que dar cabida aos que non poden sair da casa sen un caderno e lápiceiros ou acuarelas.
"O caderno de viaxe é algo que moita xente levou durante moito tempo na súa súa vida en soidade, entón cando se enteran de que hai grupos que fan eso, a xente atopa as súas almas xemelgas", explica a ilustradora Maru Godàs.
"Pintamos pola rúa, que sempre é moi interesante, porque ás veces é un tipo de pintura que non fas porque estás metido no estudo".
"A contorna xa é espectacular, vir a Santiago é espectacular, calquera rincón, calquera lugar. E ver xente que cho conta todo tan ben... alucino".
Ademáis de pintar a cidade, teñen tamén a oportunidade de asistir a obradoiros, coloquios ou demostracións de pintura ao vivo.
"Esta edición ten por nome Revolucionando Compostela porque quixemos non só ofrecer obradoiro e demáis á xente profesional, senon deixar moitas actividades que a xente poida participar e poida ver como é o mural de Sojo, como esta tarde que temos un concerto... Moitas cousas en que a xente poida participar e que a cidade esté máis integrada en Compostela Ilustrada", explica Gemma Sesar e directora de Compostela Ilustrada.
Os composteláns están xa afeitos a topar polos recunchos da cidade grupos que debuxan as súas casas, rúas ou bares. Algún afortunado mesmo quedará coa ilustración, pero as máis delas volverán nos cadernos e carpetas para completar as coleccións dos que crean as súas propias postais do vivido.