Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Día da Física Médica visibilizamos o traballo duns especialistas imprescindibles

O Día da Física Médica visibilizamos o traballo duns especialistas imprescindibles

Conmemórase este Día Internacional coincidindo co aniversario do Nacemento de Marie Curie

Os especialistas controlan os aparellos de raios antes dos tratamentos, aseguránse de que estes sexan precisos e encárganse da protección radiolóxica dos traballadores

G24.gal 07/11/2026 13:23

Este sábado celébrase o Día internacional da Física Médica. É unha das especialidades, segundo os profesionais, máis descoñecidas pola cidadanía. Son os especialistas en radioterapia os que se encargan de facer seguras as aplicacións da física nos tratamentos médicos.  

"Poñer en valor o traballo dos radiofísicos, que son profesionais que están todos os días traballando para que o uso das radiacións nos hospitais sexa de calidade e seguro. Nós decidimos a mellor técnica, eliximos as enerxías, os parámetros concretos de tratamento para cada doente, de xeito que poidamos administrar a dose prescrita polo oncólogo radioterápico xusto no tumor e intentando preservar os órganos e tecidos sans que están ao redor", detalla Ana María Rodríguez, xefa de servizo de radiofísica hospitalaria do CHUO.

Detrás de cada proba e de cada tratamento de radioterapia hai un traballo de precisión.

"Cada día, antes do tratamento do primeiro paciente, comprobamos que o acelerador funciona perfectamente verificamos que tanto a radiación que emite como que os movementos que realiza teñen a precisión necesaria para impartir os tratamentos tal e como foron deseñados", explica Manuel García Pazos, radiofísico.

"En medicina nuclear inxéctase un radiofármaco aos doentes como substancia radiactiva, polo tanto, é moi importante que os equipos estean ben axustados para que se poida opter unha calidade de imaxe diagnóstica axeitada coa menor cantidade de radiación posible", conta Néstor Cons Pérez, radiofísico.

Tamén teñen un papel na protección dos traballadores neste tipo de instalacións. En concreto, no hospital de Ourense fanlle o seguimento a 300 empregados.

"Os radiofísicos o que facemos é participar no deseño das salas para que sexan blindadas e seguras. Facer medidas de niveis de radiacións periodicamente e dotamos os traballadores de detectores individuais, estes dosímetros, para poder controlar as doses que reciben mensualmente", subliña Ana María Rodríguez, xefa de servizo de radiofísica hospitalaria do CHUO.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade