Multitudinaria sesión práctica de reanimación cardiopulmonar no Obradoiro
A actividade forma parte do Congreso de médicos de atención primaria.
Trátase de concienciar a poboación de que se poden salvar vidas cuns coñecementos básicos en emerxencias.
Medio cento de instrutores, entre profesionais e estudantes de medicina, axudados con 300 bonecos, foron os encargados de guiar esta práctica multitudinaria de reanimación cardiopulmonar aberta a persoas de todas as idades.
"Sobre todo que non teñan medo a facer algo. As compresións nunca lle van provocar un dano ao paciente, que os dispositivos desfibriladores son completamente seguros e están pensados para que os utilice calquera persoa. Non fai falta formación nin adestramento previo", afirma Jesús Couselo, secretario da sociedade galega de médicos de atención primaria (Semergen).
Calquera pode sufrir unha parada cardiorrespiratoria. En toda España rexístrase unha cada vinte minutos e é importante saber actuar axiña ata que chega axuda profesional. O primeiro, comprobar se a persoa está consciente ou non.
"Axeonllámonos ao lado, golpeamos nos ombreiros e vemos se está consciente. Se non está, chamamos ao 112, deixamos o teléfono en mans libres para que nos dean instrucións. Se non respira, empezamos coas compresións a un ritmo constante 120 latidos por minuto. Intentamos que alguén localice un desfibrilador, que colocaremos como vimos nas imaxes", explica Paula Antelo, médica no centro de saúde de Santa Comba e vicepresidenta do comité organizador do congreso nacional de Semergen.
O oxectivo desta actividade é concienciar a poboación de que, con estes coñecementos básicos, pódese axudar a salvar unha vida.