Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arde por completo un vehículo na estrada OU-533 no Bolo sen feridos

Arde por completo un vehículo na estrada OU-533 no Bolo sen feridos

Fontes da Garda Civil sinalaron que se descoñecen as causas do incendio

Protección Civil do Bolo Protección Civil do Bolo
G24.gal 24/11/2026 14:02

Un vehículo quedou calcinado á altura do punto quilométrico 32,700 da estrada OU-533, á entrada da aldea de Santa Cruz, no municipio ourensán do Bolo, sen deixar ningún ferido.

Tal e como confirmaron fontes de Protección Civil do municipio, o aviso recibiuse arredor das 20:50 horas deste luns e ao lugar desprazáronse bombeiros do Consorcio da Rúa, os GES da Veiga, Protección Civil do Bolo, unha ambulancia de apoio do 061 e a Garda Civil de Tráfico.

Segundo apuntaron, o condutor —que non sufriu danos—, ao decatarse de que o coche comezaba a arder, desprazouse co seu vehículo pola parte antiga da estrada —na que "non hai circulación"— para evitar así entrar na aldea.

Finalmente, o turismo ardeu no medio da calzada sen que o lume chegase a pasar ao monte.

Así mesmo, fontes da Garda Civil sinalaron que, polo momento, se descoñecen as causas que ocasionaron o incendio, que se seguen investigando.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade