Publicador de contidos

Publicador de contidos

Inés Rey rexeita sancionar ou restrinxir tráfico en zonas de baixas emisións na Coruña

Inés Rey rexeita sancionar ou restrinxir tráfico en zonas de baixas emisións na Coruña

A alcaldesa defende que "a multa non é a solución" á vez que lembra que A Coruña "non é negacionista do cambio climático"

Insiste en que non lle vai dicir a "ningún traballador ou autónomo que ten que cambiar o seu coche e comprarse un eléctrico"

O Goberno endurece a norma para que as cidades comecen multar os coches que contaminen

G24.gal 06/11/2026 15:58

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asegurou que "non se vai sancionar, non se vai restrinxir e non se vai cambiar ningunha ordenanza" nas Zonas de Baixas Emisións (ZBE).

Despois de que o Goberno aprobase unha modificación do decreto que obriga a distinguir entre coches segundo o que contaminan e que os concellos conten cun réxime sancionador, Rey defendeu que "a multa non é a solución" á vez que lembrou que A Coruña "non é negacionista do cambio climático".

Salientou que na cidade "se implementaron zonas de baixas emisións hai tempo, como A Mariña ou a Cidade Vella, onde non se permite o paso de vehículos".

Na Coruña "non estamos nunha situación de risco", di Rey 

Rey informou, ademais, de que "a calidade do aire é boa" e, segundo os medidores, "non estamos nunha situación de risco".

"O que non imos facer é sacrificar a calidade de vida dos cidadáns a favor da calidade do aire. Iso non é unha transición xusta", expuxo, e insistiu en que non lle vai dicir a "ningún traballador ou autónomo que ten que cambiar o seu coche e comprarse un eléctrico".

A rexedora asegurou que está "a tope coa loita contra o cambio climático, pero isto non vai implicar que se sancione, se restrinxa ou se faga unha cidade a dúas velocidades para aqueles que si poden afrontar o cambio do seu vehículo fronte a la gran maioría social que non o pode facer".

"En ningún caso vai sancionar", repetiu Rey, que revelou que xa trasladou a súa posición ao Ministerio para a Transición Ecolóxica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade