Arden tres coches en pleno centro de Caldas de Reis
O lume comezou nun vehículo en marcha e prendeu nos outros dous, que estaban estacionados
A condutora logrou saír a tempo do coche
O incendio, que mantivo en suspense os veciños da rúa José Salgado, comezou ás seis da tarde. Un vehículo que circulaba dirección Caldas comezou a arder para sorpresa da condutora, que tivo que abandonar rapidamente o coche.
O incendio, de grandes dimensións, propagouse rapidamente e as lapas alcanzaron outros dos vehículos que estaban estacionados na zona.
O fume afectou ás fachadas de dous edificios e a un estudio de ioga.
O suceso mobilizou un gran dispositivo de emerxencias e obrigou a cortar ou dous carrís de circulación. Retirados os vehículos, que quedaron completamente calcinados, os operarios encargábanse hoxe de reparar a vía.
Por sorte todo quedou nun enorme susto, sobre todo para a condutora, que tivo que ser atendida por unha crise de ansiedade. Polo momento descoñécense as causas que provocaron o lume no automóbil.