Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno endurece a norma para que as cidades comecen multar os coches que contaminen

O Goberno endurece a norma para que as cidades comecen multar os coches que contaminen

En Galicia, Santiago e Ourense son as dúas cidades en que xa se poñen multas

En Vigo infórmase os condutores; en Lugo adiaron tamén as sancións ata o 2027 e en Pontevedra a zona de baixas emisións coincide coa súa zona histórica

En Ferrol aínda non se aplica e na Coruña as cámaras só recollen datos de tráfico

TVG
G24.gal 04/11/2026 16:07

Os concellos de máis de 50.000 habitantes deberán empezar a multar os vehículos considerados contaminantes que entren en zonas de baixas emisións.

Así se decidiu no Consello de Ministros desta semana. Ata o de agora varias cidades galegas contemplaban moratorias para evitar as sancións ata o vindeiro ano. A medida terá que facerse efectiva en canto sexa publicada non BOE.

Os sete concellos galegos de máis de 50.000 habitantes multarán sen moratorias ou acceso, salvo excepcións, ás zonas de baixas emisións dos vehículos sen etiqueta: en xeral diésel anteriores ao 2006 e gasolina anteriores ao 2000.

"Hai que cambiar costumes, non hai outra", cóntanos unha veciña de Vigo.

A sinalización das zonas de baixas emisións comezou de xeito dispar en Galicia. En Vigo informan aos condutores, pero non multan ata setembro do vindeiro ano. Isto é o que opinan sobre a medida os veciños da cidade:

"Reduce as emisións nas zonas máis urbanas".

"Se che obrigan a mercar un coche, os coches non son baratos precisamente".

"Creo que leva tempo suficiente e temos que poñer todos da nosa parte".

En Lugo adiaron tamén as multas ata o 2027, e como en Pontevedra a zona de baixas emisións coincide coa súa zona histórica.

En Ferrol aínda non se aplica e na Coruña as cámaras só recollen datos de tráfico e o anunciou de que se empezará a multar é acollido de xeito desigual:

"Incentivaría a non meterse nesa zona, como todo".

"O afán é exclusivamente recadatorio, non hai máis".

"O meu coche é diésel, non o vou cambiar para vir ata aquí". 

En Santiago hai sancións e o acceso contrólase con pivotes, mentres que en Ourense a sinalización vaise instalando aos poucos e o Concello advertiu de multas dende o 1 de xullo pasado.

"Non vou comprar outro coche para poder entrar".

"Teño dous, un prestado e o outro, meu, e un podería pasar e o outro non".

"É unha norma de civismo, elemental".

As sancións serán efectivas cando se publique a modificación da normativa no BOE.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade