Publicador de contidos

Publicador de contidos

O accidente dun camión obriga a interromper momentaneamente a circulación ferroviaria en Pontevedra

O accidente dun camión obriga a interromper momentaneamente a circulación ferroviaria en Pontevedra

O sinistro foi entre a bifurcación de Santo Amaro e Pontevedra do Eixo Atlántico

G24.gal 04/11/2026 15:13 Última actualización 04/11/2026 16:19

O Adiministrador de Infraestruturas Ferroviarias, o Adif,  informaba a traves das redes sociais a primeira hora da  tarde deste mércores de que a circulación de tren estaa suspendida entre a bifurcación de Santo Amaro e Pontevedra, do Eixo Atlántico, a liña entre Vigo, Santiago e A Coruña. 

 

Parece que a incidencia produciuse porque un camión golpeu un paso inferior das vías e, cando pasou un tren, desprendeuse formigón o que obrigou a suspender a circulación ferroviaria.

Contra as catro da tarde deste mércores, noutro chío, o Adif, informaba xa de que estaba solucionado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade