Publicador de contidos

Publicador de contidos

Identificados 5 dos 69 falecidos no accidente de Urda

Identificados 5 dos 69 falecidos no accidente de Urda

O Instituto de Medicina Legal de Toledo e Ciudad Real realizou ata o momento un total de 48 autopsias

Nos hospitais permanecen ingresadas 43 persoas

O presidente do Goberno preside esta mañá en Toledo a reuníón da Comisión de Seguimento

 

Diego Radamés/Europa Press
G24.gal 30/10/2026 07:05

Por segunda noite consecutiva, os servizos de rescate continúan traballando na busca de posibles desaparecidos no accidente ferroviario de Urda, que deixa de momento un balance provisional de 69 falecidos.

Unha vintena de forenses coordinados polo Instituto de Medicina Legal de Toledo e Ciudad Real realizoulle xa as autopsias a 48 destes corpos e conseguiu poñerlle nomes e apelidos a 5 deles: 3 mulleres e 2 homes. Ata o momento todas as identificacións dos falecidos realizáronas membros do Servizo de Criminalística da Garda Civil  mediante impresión dixital. Tres psicólogas conforman un equipo de apoio ás familias das vítimas.

48 horas despois do accidente, 43 persoas permanecen ingresadas en hospitais de Castela-A Mancha.

As oficinas das Comandancias da Garda Civil de Madrid, Toledo, Sevilla, Logroño e Ciudad Real recolleron un total de 70 denuncias de familiares e achegados de desaparecidos como consecuencia do accidente ferroviario, e dous desas persoas foron atopadas con vida.

Dese número de denuncias, 38 rexistráronse en Toledo, 23 en Madrid, 7 en Sevilla, unha en Ciudad Real e outra en Logroño.

Segunda noite na procura de vítimas en Urda

Os labores de investigación proseguen por segunda noite consecutiva na zona cero do accidente ferroviario de Urda. Enormes guindastres buscan entre os ferros dos trens sinistrados posibles vítimas e probas que axuden a esclarecer as causas da traxedia.

Sobre o terreo alí traballan guías caninos da Garda Civil e da Unidade Militar de Emerxencias (UME) e drons do Instituto Armado e da Policía Xudicial, que leva a investigación.

"A prioridade da Garda Civil é identificar posibles vítimas e verificar que non quede ninguén dentro dos vagóns", segundo declaroua portavoz da comandancia de Toledo, Teresa Albacete. 

Sánchez participa na reunión do Cecopi en Toledo

O presidente do Gobierno, Pedro Sánchez, participa este venres na reunión de seguimento e coordinación da emerxencia provocada polo accidente ferroviario en Urda (Toledo), no Centro de Coordinación Operativa Integrado (Cecopi) da capital castellanomanchega.

Sánchez regresa a Toledo dous días despois da traxedia acompañado polo ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska. Segundo indicou, a investigación chegará ata o final para coñecer os causas do sinistro.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade