Cargando resultados...
Un veciño da Coruña entre os desaparecidos no accidente de Urda
A familia xa entregou unha mostra de ADN
Reuters
G24.gal
29/10/2026 21:14
Entre os desaparecidos polo accidente ferroviario de Urda hai un veciño da Coruña. A súa familia tratou sen éxito de atopalo nalgún dos centros hospitalarios nos que están ingresados os feridos.
A muller trasladouse a Madrid onde vive a filla que xa entregou, tal e como pedía a Garda Civil, unha mostra de ADN. Unha mostra que cotexarán cos corpos que aínda están sen identificar.
O veciño da Coruña viaxaba no coche sete do AVE, nun lugar crítico, porque foi o número oito o que bateu conta o Iryo.