Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PP pide a comparecencia de Sánchez na Deputación Permanente polo accidente de Udra

O PP pide a comparecencia de Sánchez na Deputación Permanente polo accidente de Udra

Os populares entenden que as responsabilidades "non rematan" co ministro Óscar Puente que comparecerá o 3 de novembro

Feijóo: "As responsabilidades políticas non son opcionais, senón imprescindibles"

EFE EFE
G24.gal 29/10/2026 18:50

O PP pediu a comparecencia urxente do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, ante a Deputación Permanente do Congreso, para que dea explicacións sobre o accidente ferroviario de Urda, ao entender que as responsabilidades "non terminan" no ministro Óscar Puente, que comparecerá o martes ante este órgano.

Pouco despois de confirmarse que o ministro de Transportes acudirá o vindeiro martes á Deputación Permanente, o PP asegurou que é "insuficiente" e comunicou o rexistro da comparecencia de Sánchez ante o órgano que substitúe o pleno do Congreso cando as Cortes están disoltas.

Entenden os populares que ten que ser Sánchez quen aborde as circunstancias do sinistro en sede parlamentaria "despois de dicir que era 'inasumible' que en España se producisen dous accidentes con 120 mortos confirmados en menos de nove meses", segundo un comunicado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade