Publicador de contidos

Publicador de contidos

O acusado de tentar matar un policía en Vigo irá a xuízo en decembro

O acusado de tentar matar un policía en Vigo irá a xuízo en decembro

Este martes celebrouse unha vista previa para tratar de lograr un acordo de conformidade, pero non foi posible

A Fiscalía solicita dez anos menos un día de prisión para o acusado de intento de homicidio, que antes deste suceso xa agredira a súa exparella   

G24.gal 24/11/2026 12:47

Na audiencia preliminar celebrada este martes en Vigo o acusado compareceu por videoconferencia dende o cárcere da Lama. Non houbo conformidade entre as partes, polo que sentará no banco o vindeiro quince de decembro, a data fixada para o xuízo.

Na sesión de hoxe o tribunal non admitiu a petición de incorporar unha proba de consumo de drogas e outras adiccións do acusado coa que a defensa pretendía acreditar atenuantes. Enfrontarase a unha pena de dez anos por un delito de homicidio en grao de tentativa e atentado a axentes da autoridade agravado polo uso de armas e medios perigosos.

A Fiscalía contempla a agravante de reincidencia, xa que o acusado conta con antecedentes penais. Unha condena previa por homicidio e outras por ameazas, furto e condución sen permiso.

Os feitos que se van xulgar remóntanse a xuño de 2015 no camiño Eixón, en Vigo. Dous axentes da Policía Nacional achegáronse a unha vivenda por un aviso de violencia machista con arma branca. Alí atoparon unha muller tirada no chan e ensanguentada como consecuencia dunha ferida no abdome.

Mentres un dos axentes asistía a vítima o outro perseguiu o agresor. A poucos metros, o policía atopou unha mochila cunha arma tipo lanza e, cando foi collela, o procesado abalanzouse sobre el e tratou de acoitelalo no peito e na cabeza cunha arma de grandes dimensións primeiro e despois cunha ferramenta inciso cortante.

Finalmente foi reducido e o axente salvou a vida grazas o chaleco antibalas que o protexeu.

O Ministerio Público reclama ademais da pena que se indemnice o policía polos días de incapacidade e as secuelas derivadas do ataque. O procedemento relacionado coa agresión á muller xa foi xulgado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade