Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno reduce á metade o número de nenos e nenas por educadora nas escolas infantís

O Goberno reduce á metade o número de nenos e nenas por educadora nas escolas infantís

O novo decreto fixa un máximo de catro bebés por profesional nas aulas de menores dun ano, seis nas dun a dous anos e oito nas de dous a tres

Reduce ademais a 20 o número máximo de alumnos por docente no segundo ciclo de Educación Infantil

Os cambios entrarán en vigor a partir do curso 2027-2028 

Arquivo Arquivo
G24.gal 24/11/2026 12:53

O Goberno acorda reducir á metade o número de bebés e nenos e nenas que atenden as educadoras infantís nas escolas de 0 a 3 anos, e establece por lei un máximo de 4 bebés por educadora nas aulas de menores dun ano, 6 nas de un a dous anos e 8 nas de dous a tres anos.

O Consello de Ministros aprobou un decreto que modifica o de 2010 para incluír unha redución das ratios tanto nas escolas infantís como no segundo ciclo de educación infantil, de 3 a 6 anos, que contemplará a partir de agora un máximo de 20 alumnos por docente fronte aos 25 actuais.

"A maior baixada da historia", segundo os profesionais

A redución á metade do número de nenos e nenas de 0 a 3 anos supón, segundo a Plataforma Estatal de Escolas Infantís (PEEI), "a maior baixada da historia", xa que actualmente estas profesionais atendían ata 8 ou 10 bebés de menos dun ano por educadora, entre 10 e 14 de un a dous anos, e entre 16 e 20 de dous a tres anos.

"Avanzamos así cara a unha educación máis personalizada, inclusiva e de maior calidade, con mellores condicións para o profesorado", sinalou a portavoz do Goberno, Elma Saiz, que tamén lembrou que no mesmo decreto se inclúe que o alumnado con necesidades educativas especiais conte como dúas prazas a partir do próximo curso escolar.

O mesmo decreto, que establece os requisitos mínimos dos centros que impartan as ensinanzas do segundo ciclo de educación infantil, primaria e secundaria, contempla tamén a redución da ratio en bacharelato —que será de 30 alumnos por profesor— e da FP básica —un máximo de 15 por profesor—, mentres que mantén a ratio actual de 25 para os ciclos medio e superior.

A redución das ratios nas aulas de menores dun ano entrará en vigor a partir do próximo curso, 2027-2028. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade