Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre o Coletas, o enlace entre narcos galegos e colombianos tiroteado en Madrid

Morre o Coletas, o enlace entre narcos galegos e colombianos tiroteado en Madrid

Gonzalo Germán Sánchez Rey permanecía hospitalizado en estado crítico tras recibir un impacto de bala na cabeza nun aparcadoiro subterráneo

As primeiras pescudas apuntan a un axuste de contas

 

 

Gonzalo Germán Sánchez Rey no ano 2010 Gonzalo Germán Sánchez Rey no ano 2010
G24.gal 24/11/2026 10:30

Faleceu Gonzalo Germán Sánchez Rey, o Coletas, considerado como un dos enlaces entre narcotraficantes colombianos e galegos. Este home de 53 anos e nacionalidade colombiana foi tiroteado nun aparcamento subterráneo de Madrid. Recibiu polo menos un impacto de bala na cabeza nun garaxe situado na rúa de José Antonio Corrales de Madrid, en que a Policía atopou dúas armas de fogo.

Germán, que ingresou en estado crítico, faleceu no hospital como consecuencia das feridas.

Sánchez Rey foi detido en Madrid en 2018 en resposta a unha orde internacional de detención e extradición ditada polos Estados Unidos por un cargamento de 713 quilos de cocaína comisados en augas internacionais do Caribe en 2009.

Extraditado a España en 2011, a Audiencia Nacional condenouno a oito anos de cárcere ao ter en conta a atenuante de arrepentimento tardío, e o Supremo reduciu posteriormente esa condena a sete anos. Faleceu este martes en Madrid aos 53 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade