Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha fronte pon en aviso amarelo o litoral e trae neve ás montañas de Lugo e Ourense

Unha fronte pon en aviso amarelo o litoral e trae neve ás montañas de Lugo e Ourense

Tamén se prevé forte chuvia, con aviso amarelo en toda a faixa costeira da provincia da Coruña e o interior de Pontevedra

directo Fotografia de arquivo/Imaxe directo: cámara web da CSAG na estación de Cabeza de Manzaneda
G24.gal 24/11/2026 09:49

Tras unha pequena tregua deste luns, unha nova fronte chega a Galicia este martes que sitúa practicamente todo o litoral en aviso amarelo, que no noroeste e oeste da Coruña e na Mariña lucense, chegará a ser con ventos sostidos de forza 7 do noroeste (entre 50 e 61 km/h) e ondas de 4 a 5 metros.

Ademais a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), tamén se prevén fortes chuvias este martes, que sitúan en aviso amarelo toda a faixa costeira da provincia da Coruña e o interior de Pontevedra.

Ao mesmo tempo, as montañas de Lugo e Ourense tamén activaron a alerta por nevaradas, a partir de las 21:00 horas, con acumulacións de ata 10 centímetros en 24 horas a uns 1.100 metros de altitude, que poderán ser maiores en cotas superiores. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade