Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha fronte fría deixará neve nas montañas de Lugo e Ourense

Unha fronte fría deixará neve nas montañas de Lugo e Ourense

Agárdanse as primeiras folerpas entre os 1.200 e os 1.300 metros

Será un episodio breve de baixada de temperaturas

G24.gal 23/11/2026 14:26

Despois dun novembro cálido e pasado por auga, chega a quenda do frío.

A partir de mañá notarase máis, sobre todo nas zonas de montaña.

"Na segunda metade do día de mañá, ademais da baixada de temperaturas veremos a baixada das cotas de neve ata os 1200 e os 1300 metros", explica Ana Lage, meteoróloga de MeteoGalicia.

Non serán as primeiras nevadas do outono, xa a pasada semana se formou un manto branco en Manzaneda. Pero as cotas baixarán aos 1.200 metros e as temperaturas serán as propias da estación.

Iso si, o episodio de frío será breve.

"Xa o mércores e o xoves teremos ventos do sur, subirán de novo as temperaturas e virán acompañadas de chuvascos intermitentes".

Chuvascos que hoxe deron tregua nunha xornada de transición antes da chegada da fronte fría.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade