O termómetro cae ata os 9 graos baixo cero en Calvos de Randín, antes de que volva a choiva o venres a Galicia
O termómetro cae ata os 9 graos baixo cero en Calvos de Randín, antes de que volva a choiva o venres a Galicia
Varios puntos da comunidade sufriron xeadas durante a madrugada, con temperaturas baixo cero
O municipio ourensán de Calvos de Randín volve marcar este xoves a mínima de Galicia, cunha temperatura que baixa de forma significativa respecto a días anteriores: ata os 9,1 graos baixo cero.
MeteoGalicia informa de que esta madrugada de xoves deixou xeadas en varios puntos da comunidade, con temperaturas "moi baixas, mesmo para esta época do ano".
Tras Calvos de Randín, outros concellos ourensáns rexistran mínimas baixo cero, como Xinzo (-6,9 graos) e Verín (-6,3 graos).
A previsión para este xoves na comunidade é de tempo seco e soleado, con brétemas matinais e máximas sen cambios.
Mentres, prevese que este venres, 6 de novembro, volvan as choivas a Galicia, nunha xornada con cambios na situación meteorolóxica pola entrada dunha borrasca desde o sur. Agárdase un aumento da nebulosidade co paso das horas ata deixar precipitacións ao final do día na metade oeste da comunidade. As temperaturas subirán lixeiramente, con ventos frouxos.