Publicador de contidos

Publicador de contidos

As provincias da Coruña e Lugo activan a alerta por temporal costeiro para este xoves

As provincias da Coruña e Lugo activan a alerta por temporal costeiro para este xoves

Pola tarde, a chegada da fronte provocará un aumento da nebulosidade con choiva que serán xeneralizadas durante a noite. As temperaturas non terán acusados cambios, con lixeiros ascensos nos valores máximos.

EuropaPress EuropaPress
G24.gal 22/10/2026 10:26

As provincias da Coruña e Lugo estarán na tarde deste xoves en alerta amarela e laranxa por temporal costeiro e vento.

Segundo a información de MeteoGalicia, o paso dunha borrasca deixará forte vento do suroeste por encima dos 70-80 km/h nas zonas altas da Mariña e oeste-noroeste da provincia da Coruña.

Así, na provincia da Coruña o aviso empezará ás 15:00 horas e estenderase ata as 3:00 horas do venres. Con todo, de 18:00 a 21:00 horas deste xoves a alerta ascenderá a nivel laranxa.

En que o que se refire á provincia de Lugo o aviso comezará ás 18:00 horas desta xornada e estenderase ata as 03:00 horas do venres.

Durante esta xornada, Galicia estará baixo a influencia dunha nova borrasca. Durante a mañá deixará néboas en zonas do interior e ceo pouco nubrado no leste, así como máis nubes no oeste onde non se descartan choivas débiles.

Pola tarde, a chegada da fronte provocará un aumento da nebulosidade con choiva que será xeneralizadas durante a noite. As temperaturas non terán acusados cambios, con lixeiros ascensos nos valores máximos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade