O interior de Pontevedra, en aviso amarelo por altas temperaturas
Segundo a predición de Meteogalicia, durante o mércores continuará a influencia das altas presións sobre Galicia, con circulación do nordés e persistindo a masa de aire cálido en superficie
En directo, cámara web da CSAG en Pontevedra
O interior da provincia de Pontevedra continuará este mércores en alerta por altas temperaturas, aínda que o nivel de aviso descende e pasa a amarelo.
Segundo as predicións remitidas por MeteoSalud, e no ámbito do Plan de Actuación da Xunta de Galicia fronte a posibles efectos de altas temperaturas, para este mércores permanecerá activa alerta por episodio de calor, nivel amarelo, no interior de Pontevedra.
Deste xeito, os concellos afectados serán: Agolada, O Campo Lameiro, A Cañiza, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Moraña, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.
Segundo a predición de Meteogalicia, durante o mércores continuará a influencia das altas presións sobre Galicia, con circulación do nordés e persistencia da masa de aire cálido en superficie.