Calvos de Randín volve marcar a mínima, con 8 graos baixo cero, no día en que volve a choiva a Galicia
Calvos de Randín volve marcar a mínima, con 8 graos baixo cero, no día en que volve a choiva a Galicia
A fin de semana estará marcada por chuvascos illados e temperaturas en ascenso
MeteoGalicia prevé que a próxima semana sexa de choiva
O municipio ourensán de Calvos de Randín volve marcar este venres a temperatura mínima da comunidade, con 8 graos baixo cero ás 4:20 horas da madrugada.
Varios concellos do interior galego rexistraron temperaturas baixo cero esta madrugada, como Xinzo (-6,3 graos) e Verín (-4,8 graos). Nesta xornada do 6 de novembro chega a choiva a Galicia; segundo explica MeteoGalicia, serán precipitacións débiles que entrarán polo suroeste pola tarde.
A ausencia de altas presións permite a chegada da borrasca Bruna polo oeste. A fin de semana estará marcada por chuvascos illados e temperaturas en ascenso. MeteoGalicia prevé que a próxima semana sexa de choiva.