Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un comezo de outubro con sensación de pleno verán

Un comezo de outubro con sensación de pleno verán

Lugares coma Pontevedra, ou Sanxenxo, roldaron os 30 graos de máxima

As altas temperaturas deixan unha estampa que sorprende no outono: toallas na area, parasoles, bañistas e paseos polas praias

O calendario xa marca outono, pero o termómetro aínda se resiste a pechar o verán

G24.gal 03/10/2026 20:54

Comezos de outubro, pero con sabor a verán. Galicia viviu unha xornada con temperaturas pouco habituais para estas datas. Lugares coma Pontevedra, ou Sanxenxo, roldaron os 30 graos de máxima. 
 

"Espléndido, está moi bo, aquí sempre vai bo tempo"
  "Si, si, nótase a calor", din algunhas bañistas.

Unha estampa que sorprende no outono: toallas na area, parasoles, bañistas e paseos polas praias. Hai quen mira o calendario e pensa que se equivocou de estación e de mes.
 

"Ninguén acredita que estamos en outubro"         

 "Non estamos en outubro, estamos en agosto", engaden unhas turistas.
            

Tamén se nota fóra dos areais: coas terrazas cheas e os paseos con ambiente estival.
 

"Moi ben, é a primeira vez que vimos a Galicia e sorprendidos porque vai moita calor"
 "Estamos suando, estamos facendo un pouco de turismo e non esperabamos tanta calor"
  "Non esperabamos que houbera estas temperaturas tan altas", destacan outros visitantes.    
 

Moitos aproveitan o que poden ser os últimos baños deste ano na praia.

O calendario xa marca outono, pero o termómetro aínda se resiste a pechar o verán.
 

"Trouxemos na maleta abrigos, sudadeiras e aínda non o temos usado, non", sentenzas uns turistas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade