Publicador de contidos

Publicador de contidos

O outono transforma as paisaxes coa súa paleta de cores cálidas

O outono transforma as paisaxes coa súa paleta de cores cálidas

As cidades tamén experimentan a metamorfose cromática dunha estación que convida á melancolía

G24.gal 08/11/2026 21:10

Co outono chega o frío e os días vanse facendo cada vez máis curtos. Para moitos, é unha estación melancólica, que invita ao recollemento. Pero tamén é tempo de cores e contrastes.

O outono despide os verdes do verán e transforma a paisaxe coa súa paleta de tonalidades cálidas.

As follas tapizan os camiños dos soutos e as fragas, convertidos en lenzos vivos de ocres dourados e vermellos. Todo un espectáculo para os sentidos que tamén chega ás cidades.

"Vin as cores máis bonitas no parque de Vioño, nesas pequenas montañas con esas árbores... estaba precioso", comenta unha muller que pasea polo centro da Coruña.

É a mellor postal do outono na Coruña. Os liquidámbares do parque de Vioño están en plena metamorfose cromática.

"As árbores tan bonitas de cores encántannos, si, si, si". "Ver o chan cheo de follas e que xoguen os nenos é divertido". "Encántame a vexetación, con esas follas amarelas". "Creo que é bonito ver como as cousas van morrendo para renacer despois na primavera. É a miña estación favorita", cóntannos na rúa.

Abonda con camiñar con máis atención e menos présa para descubrir unha paisaxe urbana que se transforma cada día coa luz morna e as cores vibrantes do outono.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade