Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vigo, no ecuador do outono, onde a posición da terra permite gozar máis tempo da posta do sol

Vigo, no ecuador do outono, onde a posición da terra permite gozar máis tempo da posta do sol

As postas de sol nesta altura do outono, especialmente coa orientación ao noroeste, regalan unha paleta de cores douradas, laranxas e amarelas

G24.gal 01/11/2026 21:30

No ecuador do outono, máis ou menos nestes días, a posición da terra permite gozar máis tempo de imaxes fermosísimas. Galicia, onde está a fin do mundo, ten un punto de vista privilexiado para admirar e saborear o solpor. Nunha viaxe a Vigo Albert Einstein describiuno como incomparable. E cen anos despois segue igual.

A hora dourada, eses dez minutiños que preceden á posta de sol, foi este domingo ás seis e media. Estamos na praia de Samil e moitos gozan do bo tempo, mirando cara as Cíes e cara ao ceo porque se achega o ocaso. E as postas de sol nesta altura do outono, especialmente coa orientación ao noroeste, regalan unha paleta de cores douradas, laranxas e amarelas.  

Tras o ocaso vén a decadencia do crepúsculo, cando nos preguntamos cara onde vai ese sol que xa non vemos porque se estará erguendo no Pacífico Norte onde quizais algunha televisión o este gravando para facer unha noticia sobre a alba e os amenceres.     

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade