Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aparece unha boia de orixe descoñecida en Fisterra e o seu gran tamaño dificulta a súa retirada

Aparece unha boia de orixe descoñecida en Fisterra e o seu gran tamaño dificulta a súa retirada

Foron os veciños os que alertaron ao Concello da presenza deste elemento na praia do Mar de Fóra

Concello de Fisterra Concello de Fisterra
G24.gal 18/11/2026 20:33

Unha boia de orixe descoñecida apareceu este mércores na beira dunha praia de Fisterra e debido ao seu gran tamaño non puido aínda ser retirada.

Veciños do municipio foron os que alertaron esta mañá ao alcalde, Luis Insua, da aparición deste elemento no areal de Mar de Fóra.

Polo momento, non hai información sobre a súa procedencia.

Tras a aparición da boia, traballadores do concello desprazáronse ata a praia para intentar retirala cun tractor, pero non foi posible porque o vehículo se afundía na area.

"Estamos a ver como reacciona o mar para proceder a retirala", apunta o rexedor, que se atopa pendente dos traballos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade