Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aparecen exemplares de carabela portuguesa na praia do Orzán en pleno outono

Aparecen exemplares de carabela portuguesa na praia do Orzán en pleno outono

"Estamos tendo bo tempo, a auga segue estando quente e ás carabelas parece que aínda as trae un pouco o mar", din os especialistas

G24.gal 07/10/2026 21:13

Non é habitual a estas alturas do ano, pero varios exemplares de carabela portuguesa sorprenderon algunhas das persoas que paseaban este mércores polo areal do Orzán.

Durante o verán xa chegaron máis tarde ca anos anteriores, e en menor cantidade.

"Este atopamos moi pouquiñas sobre todo en Riazor, e en Orzán case ningunha, unha case esporádica; pero, si é certo que chama a atención que no mes de outubro teñamos estes animais nestas praias coruñesas", asegura Nuria Rodrígez, presidenta da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia.

Os servizos de socorrismo lembran que non se deben tocar porque teñen uns tentáculos altamente urticantes.

"Son moi bonitas, teñen unha cor preciosa que parece que nos tenta a tocala; pero, por favor, que non lle toque ningúen, porque podo ser perigosa".  

Especialistas relacionan a súa presenza coa temperatura da auga:

"Estamos tendo bo tempo, a auga segue estando quente e ás carabelas parece que aínda as trae un pouco o mar", sinala Nuris Rodríguez.  

Episodios infrecuentes que poderían repetirse.

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade