Cargando resultados...
Alerta nas praias de Valdoviño pola presenza de carabelas portuguesas
A picadura é perigosa e causa unha forte dor
G24.gal
17/08/2026 20:49
O servizo de socorrismo de Valdoviño está alerta pola aparición de carabelas portuguesas, unha especie colonial cuxa picadura é perigosa e causa unha forte dor.
Durante a xornada do domingo atopáronse vinte carabelas portuguesas na praia da Frouxeira, entre a pena Percebelleira e a zona de Outeiro. Por iso, o servizo de socorrismo mantén a súa alerta e lembra que son perigosas ao contacto, polo que os bañistas deben permanecer afastados.
Cada verán nestas datas chegan milleiros desta especie ás costas galegas, con alertas similares para asegurar a súa retirada sen danos.