Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha asistente social salva dúas vidas en Oia

Unha asistente social salva dúas vidas en Oia

Asiste unha muller de 92 anos e o fillo de 67 que foron atopados semiinconscientes

G24.gal 24/11/2026 13:51

Bombeiros do GES da Guarda e a Garda Civil acudiron á chamada de auxilio dunha asistente social do concello de Oia. Atende de luns a venres unha nai de 92 anos con deterioración cognitiva e o seu fillo de 67, en situación vulnerable, nunha casa do lugar da Mariña, en Mougás.

Pasaban poucos minutos da unha e media da tarde. Ao non abrir ninguén a porta, tiveron que entrar por unha ventá e atoparon a muller no chan do seu cuarto, semiinconsciente, igual ca o fillo.

O home estaba ensanguentado no corredor e presentaba un golpe na cabeza. As investigacións desbotan unha acción violenta e a hipótese principal é que el caeu polas escaleiras.

Descoñécese canto tempo levaban nesa situación, e ambos os dous foron trasladados en ambulancia a un centro hospitalario. A intervención da asistente social evitou un final ben distinto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade