Publicador de contidos

Publicador de contidos

A costa atlántica vive unha noite tropical, atípica para o mes de outubro

A costa atlántica vive unha noite tropical, atípica para o mes de outubro

Vigo, con 20ºC, e Corrubedo, con 19,6ºC, son as mínimas máis altas rexistradas en Galicia esta pasada noite

Supón entre 4 e 5 graos por enriba da media nesas zonas a esta altura do ano

G24.gal 04/10/2026 14:06

Esta noite nalgúns puntos das Rías Baixas fixo calor. En Vigo por exemplo non baixaron dos 20 graos en todo o día, iso xa é unha noite tropical.  No outono e en outubro. Pola contra, temos o contraste no interior. En Calvos de Randín, esta madrugada, de seguro algúns botaron unha manta por riba pra durmir, en Vigo, a roupa na cama sobraba.

Unha acusada oscilación térmica que adoita darse entre o interior e a costa, pero que a estas alturas do ano sorprende aínda máis. Non tanto polos 4 graos de mínima que se rexistraron en Calvos de Randín, nada estraño, como polos os 19,6 graos en Corrubedo, os 18,8 de Carnota ou que o termómetro non baixara dos 20 graos en toda a noite en Vigo un 4 de outubro. 

E para satisfacción dos turistas polo día mantense a sensación de verán, especialmente nas Rías Baixas, menos afectadas polo vento do nordés. Case 30 graos de máxima, o que permite gozar das praias como se aínda non houbera cambio de estación meteorolóxica. 

Un tempo tolo, que vai mudar só un chisco nas vindeiras horas, coa formación de treboadas no interior e un lixeiro descenso das temperaturas. Con todo, estes outonos do cambio climático xa non voltarán ser coma os de antes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar