A música conéctanos coas emocións e acompáñanos en cada etapa vital
O 22 de novembro celébrase o Día Internacional da Música
Todos fomos algunha vez como Tom Cruise na icónica escena de baile Risky Businnes. Todos temos esa canción que nos obriga a subir o volume e que desata a euforia. Ás veces é un pracer íntimo; outras, unha celebración colectiva.
"Creo que non podo vivir sen música. Escóitoa pola mañá cando me maquillo, cand vou ao traballo, cando cociño..." "Eu vivo pola música. A verdade é que a escoito moitísimo en todos os momentos da miña vida", coméntannos na rúa.
A música é liberadora e sempre está aí para nós. É un bálsamo contra as penas e un potenciador da ledicia.
A ciencia demostrou que escoitar música activa múltiples redes neuronais, regula as emocións e reduce o estrés.
A música é, ademais, unha cápsula de tempo poderosa que evoca recordos e nos conecta con eles. Porque, como dixo un filósofo, a vida sen música sería un erro.