Publicador de contidos

Publicador de contidos

Raphael asegura que "todo está ben" tras ser dado de alta nun hospital da Coruña

Raphael asegura que "todo está ben" tras ser dado de alta nun hospital da Coruña

O intérprete mandou unha mensaxe de tranquilidade a través da súa conta de instagram 

A promotora, Cavea Producciones, informou de que a devolución do importe se realizará a través da plataforma de venda nos próximos días

Raphael suspende o seu concerto na Coruña a última hora por unha indisposición

G24.gal 22/11/2026 14:00

O cantante Raphael afirmou que "todo está ben" tras recibir este domingo pola mañá a alta médica despois de pasar a noite en observación nun hospital da Coruña..

A través dun comunicado publicado nas súas redes, o artista explicou que, "afortunadamente, tras as revisións médicas, todo está ben" e asegura atoparse "moito mellor".

O intérprete agradece "de corazón" as mensaxes de agarimo e preocupación recibidas nas últimas horas e reitera unha mensaxe de tranquilidade aos seus seguidores ao afirmar que xa está ben.

O artista foi atendido por persoal sanitario despois de que cara ás 20:00 horas do sábado, apenas trinta minutos antes do concerto, se sentise mal tras unha suba de tensión e taquicardias.

Posteriormente, foi trasladado ao hospital Quirón, onde quedou en observación.

O próximo concerto da súa xira, no caso de que a poida retomar, será o próximo sábado no Martín Carpena de Málaga.

En canto ás entradas do da Coruña, a promotora, Cavea Producciones, informou de que a devolución do importe se realizará a través da plataforma de venda nos próximos días.

Raphael foi diagnosticado en decembro de 2024 dun linfoma cerebral primario con dous nódulos no hemisferio esquerdo, despois de que se descartase inicialmente un ictus tras o seu ingreso hospitalario en Madrid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade