Balaídos acollerá un concerto de Alejandro Sanz o vindeiro 3 de xullo
A xira polo seu álbum ¿Y ahora qué +? xa deu 76 concertos na súa xira internacional
Alejandro Sanz, durante un concerto no Wanda Metropolitano no 2022 (Europa Press/Ricardo Rubio).
O cantante Alejandro Sanz anuncia nas súas redes sociais que o vindeiro 3 de xullo a súa xira ¿Y ahora qué +? parará no estadio de Balaídos. Segundo compartiu, o artista formule que esta cita combine algunhas das cancións máis emblemáticas da súa traxectoria cos temas do seu novo disco.
A súa xira internacional comezou o 25 de setembro de 2025 e o equipo sumou 76 concertos ao seu peche pasando por unha ducia de países. Durante este ano non todo foron escenarios para Alejandro Sanz, o artista obtivo recentemente o Latin Grammy 2026 ao Mellor Álbum Pop Contemporáneo por ¿Y ahora qué +?. Este supuxo o segundo galardón consecutivo na mesma categoría, despois de acadalo na primeira entrega do proxecto no 2025.
Para o gaditano este traballo é unha oportunidade de innovar, de apoiarse en produtores da nova escena musical "para explorar novos ritmos e xénero, é unha viaxe de emocións e novos comezos narrado dende a honestidade que caracteriza as súas composicións".
Con máis de 25 millóns de discos vendidos dende o seu debut, Alejandro Sanz continúa con esta nova aventura. O cantante segue anunciando outros concertos en cidades españolas como Tenerife, Sevilla ou Zaragoza.