Cargando resultados...
Cupeiro enche de música e vida a catedral de Mondoñedo
O Latexo das Catedrais supera os dous millóns de visualizacións nas redes
G24.gal
18/10/2026 20:11
A catedral de Mondoñedo acolleu esta tarde O Latexo das Catedrais, título dos dous concertos que o músico Abraham Cupeiro celebrou nun dos días máis importantes dentro das feiras e festas das San Lucas.
Con todas as entradas vendidas ao pouco de poñerse á venda, o músico conseguiu encher de sons ancestrais un espazo maxestoso no que presentou pezas novas compostas para esta ocasión, parte delas inspiradas no escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro.