Cen anos desde que o Papa Pío XI creara o Domingo Mundial das Misións, o Domund
Hai varias xeracións de galegos e galegas, o Domingo Mundial das Misións saían á rúa cun peto para pedir cartos que axudasen a mellorar a vida nos territorios de misión católicos
Quizais os máis novos non o lembren, pero hai varias xeracións de galegos e galegas que tal día coma hoxe, cando eran nenos, o Domingo Mundial das Misións saían á rúa cun peto para pedir cartos que axudasen a mellorar a vida nos territorios de misión católicos, nos territorios do terceiro mundo.
O Domund, o acrónimo de Domingo Mundial das Misións, era o día no que os da EXB saían á rúa para pedir cartos destinados pola Igrexa ao terceiro mundo. Con esos cartos construían escolas, buscaban auga, curaban enfermidades. Pero os misioneiros non eran cooperantes. Eran evanxelizadores. Así o propuxo Pío Pío XI en 1926.
No 2026 xa non se ven os petos do Domund polas rúas. E os rapaces que imos vendo na rúa, de entre 19 e 25 anos, non saben nin nunca oiron falar do Domund. Así que entramos nun concerto solidario do Domund que se celebra na Igrexa de María Auxiliadora.
O bispo de Tui Vigo cóntanos que é certo que hoxe en día hai menos misioneiros e que as épocas douradas do pasado é difíco que se repitan. E que a Igrexa traballa para modernizarse.
Hoxe España segue sendo o país do mundo con máis misioneiros, máis de 9600 segundo a última memoria da Conferencia Epsicopal. Pero a media de idade anda xa nos 75 anos.
E por iso, neste centenario do Domund, querendo atraer novas almas. as que non saben o que é o Domund, lanzaron este tema nas redes sociais, "envíame a min".