Publicador de contidos

Publicador de contidos

As mulleres con menopausa levan oito meses sen Lenzetto, un tratamento hormonal en spray

As mulleres con menopausa levan oito meses sen Lenzetto, un tratamento hormonal en spray

A crise dos medicamentos para tratar a menopausa ven de atrás, de marzo, cando en España, en Galicia tamén, empezou a escasear o "lenzetto", un tratamento hormonal en aerosol

Cando despareceu do mercado, os médicos comezaron a receitar outros tratamentos e agora nas boticas españolas hai varios medicamentos deste mesmo tipo tamén esgotados

G24.gal 18/10/2026 20:32

Hoxe, no día mundial da menopausa poñemos o foco na escaseza de tratamentos hormonais nas farmacias españolas, falta que non están acusando tanto, por exemplo, nas boticas portuguesas.

Este é un medicamento en spray, financiado, e moito máis barato desos trinta euros que poden chegar a custar outros tratamentos hormonais semellantes. En Portugal, cunha demanda moito menor aínda se pode atopar "lenzetto". Cóntannos nas farmacias, como esta na que estamos en Monçao, nunha das fronteiras de Galicia, que levan meses notando a gran demanda española. E iso que aquí custa máis de vinte euros.

Unha parte da farmacia Orjales en Vigo, en Coia, está enfocada en todo o climaterio, perimenopausa, menopausa e postmenopausa.

 "Unha etapa que hai que aprexar con moito agarimo porque é onde máis tempo imos estar na vida, E podemos facelo cpn boa calidade de vida e un bo profesional a carón. Desde 2008 ata hoxe a cantidade de mulleres que están en terapia hormonal aumentou moitísimo. O problema aquí é que hai poucos fármacos e que se viron totalmente fora de control e non souberon subministrar esa demandaque hai", conta a TVG Andrea García, farmacéutica e especialista en menopausa na farmacia Orjales en Coia, en Vigo. 

De feito, segundo a Asociación Española para o Estudo da Menopausia máis de 400.000 mulleres quedaron sen tratamento hormonal neste 2026. Pedímoslle a Andrea lenzetto, un tratamento hormonal en spray que custa uns cinco euros e para o que se necesita receita médica. Está esgotado hoxe e con problemas de subministración desde hai oito meses.

"No caso de ter que cambiar de hormona hai que derivar a paciente ao médico. O médico plantexa outo tratamento. E con esto vémonos metidos nun efecto dominó, que é que tamén o resto das hormonas se están vendo con carencia de subministración. Ao final as mulleres con menopausa veñen de pasar un verán bastante fastidiado e cunha calidade de vida pésima, porque non teñen a súa hormona que lles permite non ter sufocos, durmir mellor... E  raro o día que non teñamos unha chamada pedindo se temos "lenzetto". Xa ultimamente temos menos. Moitas mulleres, non a maioría, si que foron a Portugal. Pero tamén se queixan porque din que non teñen que estar pagando, e tamén tiveron problemas coa prescripción porque a súa receita non está activa alí", conclúe Andrea García, farmacéutica e especialista en menopausa. 

E así nolo confirman nesta farmacia de Valença. Dende hai meses mulleres españolas achéganse a buscar este tratamento hormonal esgotado nas boticas españolas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade